jueves, 16 de mayo de 2019

Bilbao/Atapuerca 2019

A semana anterior á Semana Santa, os alumnos de 1º de Bacharelato do Alexandre Bóveda estiveron visitando as cidades de Bilbao e Burgos e facendo unha viaxe a través da historia do ser humano dende a actualidade ata adentrarse nos axazgos arqueolóxicos de Atapuerca ou na Olmeda de Palencia, onde fixeron un repaso da vida romana.

Nunha primeira instancia. O alumnado fixo unha unha primeira parada longa en San Martín de Frómista, para visitar a igrexa e admirar a súa arquitectura, e tamén a igrexia do patrón da vila, onde poideron disfrutar dun espectáculo de luz e son onde se explica a historia bíblica da igrexa.


En Palencia tamén visitaron a canle de Castilla e un dos seus molinos. Nese camiño, había un indicador de kilómetros que facían referencia a lugares de interese relixioso.

                                    
Tras visitar estes lugares, os alumnos e alumnas emprenderon de novo a marcha cara a cidade de Bilbao, onde ao chegar, tiveron tempo libre para instalarse no hostel. Ao día seguinte fixeron unha visita con audioguía no Museo de Arte Contemporáneo Guggenheim, onde poideron ver numerosas obras emblemáticas coma o Puppy ou a gran araña, tamén coñecida como Mamá.




Nese mesmo día, os alumnos fixeron un descanso para comer, e tras isto visitaron A Alhóndiga, un antigo almacen convertido para actividades culturais.l Est adornada con máis de 42 columnas diferentes deseñadas polo famoso arquitecto Phlippe Stark. Alí hay exposicións artísticas, una sala de cine onde se reproiducen peliculas antigas a un sinfin de actividades de interese cultural.

Tamén visitaron a ponte de Vizcaya, San Juan de Gaztelugatxe, que ten un precioso mirador e unha capela a que só se pode acceder subindo unha irrematable escalinata moi empinada. Pero o esforzo, paga a pena pr ver a paisaxe. Tamén esta pequena igrexa foi escenario do oficiamento da boda de Oito apelidos vascos.







Finalmente, o alumnado empendería a volta cara Vigo, no sen antes pasar polos xacementos arqueolóxicos de Atapuerca, onde poideron aprender máis sobre o antepasado do ser humano, as súas costumes e o seu aspecto. Tras isto, tamén visitaron o MEH, ou Museo da Evolución Humana de Burgos, onde observaron esculturas a tamaño real da evolución do ser humano ata os días de hoxe. Tamén exemplares de cerebreos humanos reais e utensilios empregados polos nosos antepasados.



Neste paso por BUrgos, visitaron tamén dúas igrexas moi importantes para a cidade de Burgos: A catedral de Burgos e o Monasterio de la Cartuja de Miraflores. Na catedral fixeron un percorrido por todas as diferentes estancias, admirando os frescos e pinturas, aínda que había partes en restauración. Sen embargo, no Monasterio de la Cartuja de Miraflores, ademáis de observar a arquitectura barroca, tamén aprenderon os costumes dos curas que conviven alí, con completo silencio e condicións de vida moi estrictas.


Por último, no seu regreso, os alumnos volveron a pasar por Palencia para contemplar a villa romana da Olmeda, onde observaron mosaicos nos chans, a arquitectura das casas da época, e as costumes romanas de ese momento.






No hay comentarios:

Publicar un comentario