lunes, 28 de enero de 2019

Latexos.

Nos días previos á entrada de Yule (Nadal na actulidade), os alumn@s de 1º de Bachalerato asistimos á sala de exposicións de Afundación para contemplar a súa colección de arte, principalmente cadros e esculturas.

Quedei asombrada polo talento que temos en Galicia, e o pouco mérito co que son premiados os artistas. Na miña opinión, debería haber más exposicións e máis espazos nos que poder observar e disfrutar de obras de arte contemporáneo coma estas.

A exposición estaba dividida nos diferentes "latexos" ou sentimentos que os artistas querían representar coas súas obras. Latexos das mulleres, latexos das técnicas, latexos da nosa terra e incluso latexos da infancia, eran só algúns dos nomes das subexposicións que alí había. Non podería quedarme con ningunha, pero si podo dicir que as miñas favoritas foron as obras artísticas nas que se representaba á muller coma xeito de liberdade e de expresión propia, coma as bolboretas voando libremente. Pero tamén agradoume moito unha obra en particular, situada no Latexo das técnicas, no que principalmente a obra era de carácter auditivo aínda que tamén visual. Nesa obra, representábase a un home alérxico ao po que se pechaba na súa casa para nos expoñerse a ningún perigo, pero aínda así tiña plantas e animais na súa casa. Paréceme unha obra moi boa cun gran uso da ironía e da tranquilidade coa que se interpreta ao home.

Non podo poñer fotografías, xa que estiven tan absorta interpretando as obras que nin pensei en sacar o mobil, pero o que si podo facer, é deixarvos aquí abaixo o link de Afundación para que poidades ver o horario de visita e poidades desfrutar desta maravillosa exposición.



No hay comentarios:

Publicar un comentario