jueves, 16 de mayo de 2019

Bilbao/Atapuerca 2019

A semana anterior á Semana Santa, os alumnos de 1º de Bacharelato do Alexandre Bóveda estiveron visitando as cidades de Bilbao e Burgos e facendo unha viaxe a través da historia do ser humano dende a actualidade ata adentrarse nos axazgos arqueolóxicos de Atapuerca ou na Olmeda de Palencia, onde fixeron un repaso da vida romana.

Nunha primeira instancia. O alumnado fixo unha unha primeira parada longa en San Martín de Frómista, para visitar a igrexa e admirar a súa arquitectura, e tamén a igrexia do patrón da vila, onde poideron disfrutar dun espectáculo de luz e son onde se explica a historia bíblica da igrexa.


En Palencia tamén visitaron a canle de Castilla e un dos seus molinos. Nese camiño, había un indicador de kilómetros que facían referencia a lugares de interese relixioso.

                                    
Tras visitar estes lugares, os alumnos e alumnas emprenderon de novo a marcha cara a cidade de Bilbao, onde ao chegar, tiveron tempo libre para instalarse no hostel. Ao día seguinte fixeron unha visita con audioguía no Museo de Arte Contemporáneo Guggenheim, onde poideron ver numerosas obras emblemáticas coma o Puppy ou a gran araña, tamén coñecida como Mamá.




Nese mesmo día, os alumnos fixeron un descanso para comer, e tras isto visitaron A Alhóndiga, un antigo almacen convertido para actividades culturais.l Est adornada con máis de 42 columnas diferentes deseñadas polo famoso arquitecto Phlippe Stark. Alí hay exposicións artísticas, una sala de cine onde se reproiducen peliculas antigas a un sinfin de actividades de interese cultural.

Tamén visitaron a ponte de Vizcaya, San Juan de Gaztelugatxe, que ten un precioso mirador e unha capela a que só se pode acceder subindo unha irrematable escalinata moi empinada. Pero o esforzo, paga a pena pr ver a paisaxe. Tamén esta pequena igrexa foi escenario do oficiamento da boda de Oito apelidos vascos.







Finalmente, o alumnado empendería a volta cara Vigo, no sen antes pasar polos xacementos arqueolóxicos de Atapuerca, onde poideron aprender máis sobre o antepasado do ser humano, as súas costumes e o seu aspecto. Tras isto, tamén visitaron o MEH, ou Museo da Evolución Humana de Burgos, onde observaron esculturas a tamaño real da evolución do ser humano ata os días de hoxe. Tamén exemplares de cerebreos humanos reais e utensilios empregados polos nosos antepasados.



Neste paso por BUrgos, visitaron tamén dúas igrexas moi importantes para a cidade de Burgos: A catedral de Burgos e o Monasterio de la Cartuja de Miraflores. Na catedral fixeron un percorrido por todas as diferentes estancias, admirando os frescos e pinturas, aínda que había partes en restauración. Sen embargo, no Monasterio de la Cartuja de Miraflores, ademáis de observar a arquitectura barroca, tamén aprenderon os costumes dos curas que conviven alí, con completo silencio e condicións de vida moi estrictas.


Por último, no seu regreso, os alumnos volveron a pasar por Palencia para contemplar a villa romana da Olmeda, onde observaron mosaicos nos chans, a arquitectura das casas da época, e as costumes romanas de ese momento.






lunes, 28 de enero de 2019

Latexos.

Nos días previos á entrada de Yule (Nadal na actulidade), os alumn@s de 1º de Bachalerato asistimos á sala de exposicións de Afundación para contemplar a súa colección de arte, principalmente cadros e esculturas.

Quedei asombrada polo talento que temos en Galicia, e o pouco mérito co que son premiados os artistas. Na miña opinión, debería haber más exposicións e máis espazos nos que poder observar e disfrutar de obras de arte contemporáneo coma estas.

A exposición estaba dividida nos diferentes "latexos" ou sentimentos que os artistas querían representar coas súas obras. Latexos das mulleres, latexos das técnicas, latexos da nosa terra e incluso latexos da infancia, eran só algúns dos nomes das subexposicións que alí había. Non podería quedarme con ningunha, pero si podo dicir que as miñas favoritas foron as obras artísticas nas que se representaba á muller coma xeito de liberdade e de expresión propia, coma as bolboretas voando libremente. Pero tamén agradoume moito unha obra en particular, situada no Latexo das técnicas, no que principalmente a obra era de carácter auditivo aínda que tamén visual. Nesa obra, representábase a un home alérxico ao po que se pechaba na súa casa para nos expoñerse a ningún perigo, pero aínda así tiña plantas e animais na súa casa. Paréceme unha obra moi boa cun gran uso da ironía e da tranquilidade coa que se interpreta ao home.

Non podo poñer fotografías, xa que estiven tan absorta interpretando as obras que nin pensei en sacar o mobil, pero o que si podo facer, é deixarvos aquí abaixo o link de Afundación para que poidades ver o horario de visita e poidades desfrutar desta maravillosa exposición.



jueves, 10 de enero de 2019

O cable inglés.

Hoxe veño a falar do cable inglés en Galicia, un invento do século XX que revolucionou a comunicación no momento que se estaba a vivir, máis concretamente en 1873. No seguinte artigo, publicado no aniversario 140 da entrada do cable inglés en Vigo, cidade portuaria de Pontevedr, Galicia, se fala da historia desta innovación na tecnoloxía. Brevemente, o artigo explica as utilidades do cableado submariño, cómo chegou a Vigo e a súa relevancia na actualidade.

Faro de Vigo-140 años de El Cable Inglés

Coma homenaxe a tal avance na tecnoloxía, en Vigo hoxe temos un apartado dedicado ao cable inglés no Náutico, ao lado da estación marítica. Un paseo con diversos carteis con información, fotografías, mapas e incluso outros artefactos da época que rodean á xoia da corona: Un fragmento representativo do cable inglés, que ten unha gran lonxitude. Aquí vos adxunto algunhas fotografías da exposición.